Elaboración do aceite de oliva virxe extra ecolóxico artesanal, naturalmente
Recepción das olivas recollidas da árbore e transportadas en caixas para que non se danen; a continuación fanse pasar pola liña de lavado para quitarlles as impurezas ocasionais.
Despois as olivas pésanse e lévanse ós silos de almacenamento para a súa posterior trituración coas pedras de granito.
Vista xeral do muíño
No interior da casa de Oliflix está o corazón da nosa artesanía, o muíño de pedras de granito, principio básico na elaboración do aceite virxe extra de máxima calidade.
O muíño componse de tres grandes pedras troncocónicas que xiran a unha velocidade de trece voltas por minuto.
Unha vez esmagadas as olivas deposítase a pasta no batedor para preparalas para o prensado.
Realízase todo o proceso en frío.
Pedras de granito do muíñoA masa das olivas esmagadas repártese uniformemente
A masa da oliva esmagada repártese sobre as seiras para favorecer un prensado uniforme.
Cando deamos acadado a altura máxima de superposición das seiras e da masa das olivas, é o momento de introducilo na prensa hidráulica.
Este é o paso final da superposición das seiras coa masa das olivas trituradas.
Da prensada resultará o zume da oliva, o aceite de oliva virxe extra.
Aceite obtido artesanalmentePías para a decantación artesanal do aceite
Prensa hidráulica - ano 1941
Nestas pías e/ou balsas de decantación canalízase o mosto oleoso resultante da prensada.
• Este líquido está composto pola auga vexetal da propia oliva (alpechín) e mais polo aceite. A separación dos líquidos é debida ás súas diferentes densidades: - Aceite 0,916 / Alpechín 1,052 – Como resultado, temos que o aceite pesa menos que a auga e aboia. E a auga totalmente ó revés, pois queda no fondo.
Este é o resultado final de todo o proceso de elaboración do noso aceite.
Gocen desta bela artesanía milenaria nos seus fogares, gocen do aceite de oliva virxe extra ecolóxico Oliflix artesán, naturalmente.
Nota: toda a enerxía eléctrica utilizada no muíño e en toda a elaboración do aceite está certificada como enerxía renovable.
Aceite de oliva virxe extra recentemente elaborado en repouso