
.png)
Aceite de oliva virxe extra artesán de agricultura ecolóxica.
Coñécenos!


O espírito
Oliflix naceu coa vontade de crear un aceite único,
feito a partir do respecto a catro cousas que consideramos básicas:
o froito (a oliva), a terra, o consumidor final e as nosas raíces.


A boa mesa.
Xa sexa na casa ou no restaurante, as mellores mesas teñen unha cousa en común: ó seu redor hai os mellores comensais e, enriba dela, os mellores alimentos.
Coidémonos. Coidémonos ben. Coidémonos de verdade.
Coidemos os nosos. Coidemos a nosa Terra.
Coidemos a vida boa.


A familia.
Oliflix é un negocio familiar. Un proxecto que naceu hai 35 anos cun pai, que hoxe seguimos a xeración seguinte con ilusión.
Aquí nos tes.
Somos nós os que estamos ó outro lado do teléfono, do e-mail. Somos nós os que nos encargamos de recoller a oliva e poñer en marcha o muíño. Somos nós os que nos esforzamos para que na túa mesa nunca falte o mellor aceite.
Escríbenos. Estaremos encantados de te atender.